COMPROMISO PARA INSTAURA-LA DEMOCRACIA

MANIFESTO POLA III REPÚBLICA ESPAÑOLA. 

    Os cidadáns e cidadanas abaixo firmantes, comprometidos cos ideais de Liberdade, Igualdade e Fraternidade, a solemne Declaración dos Dereitos Humanos de 1948, os Tratados Internacionais que, ó desenvolvela a fan vinculante para os Estados que se adhieren, e animados polos imperativos de conciencia democrática dimanados da mellor cultura humanista europea, facemos saber:

    Procedemos de tres momentos históricos distintos, de tres experiencias diversas, de tres reflexións personais sobre a realidade que temos ante nós e que nos producen, ademáis de rexeitamento, a firme decisión de aunar vontades para cambiala.

    Anunciamos e propoñemos o inicio dun Proceso Constituínte, de carácter republicano, a cargo do conxunto da sociedade española e dos Pobos que configuran o seu Estado.

    Non hai proxecto político con garantía de solvencia e respaldo se non foi xestado de xeito consciente por aqueles que detentan a Soberanía e a lexitimidade para face-lo. E ó dinfundir, para someter a discusión pública este proxecto, suliñamos que escollimos deliberada e intencionadamente a data do XXV Aniversario da Constitución vixente. Con iso queremos resaltar que o restablecemento da lexitimidade republicana debelada no 1936, faise máis necesario ante a evidencia do fracaso da chamada Transición para desenvolver e aplicar unha Democracia e un Estado de Dereito dignos de tal nome.

    Somos aqueles e aquelas que por vivencias personais e fondas conviccións republicanas, mantidas na adversidade, non poden esquecer nin renegar do único momento histórico no que o pobo español foi protagonista dunha ruptura democrática: a II República española. O acervo político da cultura republicana: Laicidade, Federalismo, Separación de Poderes, Cultura de Paz e preeminencia da Ética Civil, son legados imperecedeiros.

    Somos aquelas e aqueles que, con maior ou menor grao de compromiso e risco, exercemos durante a Dictadura liberdicida unha constante oposición en nome da fidelidade republicana e da Democracia futura. No centro das nosas aspiracións, no eixo das nosas propostas alternativas, na raíz dos nosos sentimentos máis fondos seguen ancorados, dende aquela, a aposta pola República como a forma de Estado que, emanada directa e claramente da vontade popular, tivo en abril de 1931 a súa derradeira manifestación. E xunto a iso, opera tamén en nós o rexeitamento á dinastía rexia expulsada de España en dúas ocasións.

    A Transición foi o alambique no que se destilaron medos, prudencias, inxenuidades, pactos, inxerencias, traicións e ruindades. A Monarquía ilexítima e imposta polo dictador aceptouse con moitas excepcións, e superouse o trance pensando nas bondades da Constitución futura. Chegamos á conclusión de que se axudou a unha Restauración alfonsina con case que semellantes características que as de 1876. A reflexión serena acerca do acontecer destes últimos 25 anos, avala a nosa conclusión.

    Somos tamén aqueles e aquelas que nos manifestamos constantemente, no medio de un mar de bandeiras republicanas, para combatir vellos problemas e os que se derivan, tanto das guerras de agresión coma da Globalización Capitalista. Somos unhas xeracións que non coñeceron a República nin a dictadura feixista. Pero intuímos que o ideal republicano, pola súa radicalidade democrática, é unha peza clave na resposta, dende o Estado español, á orde económica, social, política, ideolóxica e cultural que combatimos.

    Urxe a resposta a esta situación de involución na Democracia e nas Liberdades e de retroceso nas conquistas sociais. É perentoria a acción contra a crecente brecha que separa o Primeiro Mundo do resto do planeta. E os eixos de actuación social, política e cultural deben ubicarse en territorios concretos, con propostas concretas e con capacidade de xerar, pola súa propia dinámica, maior consenso e apoio.

    Para nosoutras e nosoutros a ruptura democrática previa á III República española é un proceso de creación de redes cidadanas no que os valores republicanos, anteriormente suliñados, se incardinen nunha actitude persoal e colectiva do exercicio consecuente de Dereitos e Deberes.

    Por iso a nosa proposta de Proceso Constituínte Republicano debe ir, indisolublemente ligada, a unha serie de compromisos e liñas programáticas que desenvolvan consecuentemente as tres xeracións de Dereitos Humanos para tódalas persoas que habitan ou poidan habitar no territorio da República sin distinción de sexo, raza, relixión ou diversidade étnica. Ligámonos consecuentemente ó artigo sexto da Constitución republicana de 1931: “España renuncia a la guerra como instrumento de política nacional” e tamén ás decisións de entidades e orgasnismos internacionais coincidentes co seu espirito e letra.

    A III República española, como expresión institucional dunha sociedade que rexenera a Ética, a Política e os Valores Cívicos, asume consecuentemente os Dereitos Humanos e defende as Liberdades, debe fixar con precisión, na súa futura Constitución, os mecanismos de decisión e control público e institucional que garanticen a súa existencia e exercicio.

    Os cidadáns e cidadanas abaixo firmantes considerámonos moral e políticamente desvinculados da Constitución monárquica de 1978. Para calquera circunstancia que nos obrigue a posicionarnos, mediante xuramento ou promesa, empregaremos a fórmula de “por imperativo legal”.

 

¡VIVA LA III REPÚBLICA ESPAÑOLA!

 Madrid a 15 de Novembro do 2003

 Firma    

Para firmar el Manifiesto, enviar un correo a UCR indicando  Nombre, apellidos, profesión, DNI y, si procede,  organización política, sindical, social o ciudadana a la que se pertenezca y responsabilidad en la misma si se tiene. El domicilio es opcional y sólo será utilizado a efectos de comunicación interna. Por correo electrónico sólo se admitirán las adhesiones de los propios remitentes. Si deseas participar en la recogida de firmas, dispones de un modelo pinchando aquí. Completado, remítelo a: Unidad Cívica por la República, Avenida de Moscú, 59, Coslada. 28820, Madrid; o bien, puedes escanear la hoja y remitirla como fichero adjunto a la dirección de correo electrónico.

En una primera fase, y con motivo del 25 aniversario de la constitución, vamos a publicar en un medio de comunicación nacional una primera lista de firmantes que se ampliará y estará completada para su publicación definitiva, en torno al 14 de abril de 2004.Por motivos obvios, en la presente página se mantendrá la privacidad de los mismos en tanto esta lista no sea  formalmente hecha pública y para lo cual se dará cumplida información.  


* El 6 de Diciembre de 2003- Día de la Constitución borbónica,  se publicó en El País, un anuncio con un extracto del presente manifiesto por la III República aprobado en la II Jornada Republicana (15/11/03) con  los primeros firmantes  

(Ver en formato PDF)  

LA INSERCIÓN de media página nos ha costado 12.OOO EUROS, que debemos pagar 

NECESITAMOS VUESTRA  AYUDA  ECONÓMICA., Si quieres colaborar, podéis enviar vuestras aportaciones a la C/C de Unidad Cívica por la Republica: 2100/ 4660 / 92 / 0200010926: La Caixa (Informaremos en la Página de las ayudas recibidas)

 

 Página de inicio